Data: 22-01-2026

MERCAR ENTRADA

Impresións nocturnas

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Johanna Malangré
, directora
Alexandra Dariescu
, piano

Lula Romero: recurrance (proxecto Cometas). Estrea absoluta
Maurice Ravel: Pavana para unha infanta difunta
Maurice Ravel: Concerto para piano en Sol maior
Mary Howe: Stars. Estrea en España
Gabriel Fauré:  Suite de Pelléas et Mélisande, Op. 80

XOV 22 XAN (18€)
Auditorio de Galicia, 20:30 h
CONVERSANDO CON… Johanna Malangré
Sala Mozart, 19:45 h

Coa participación do alumnado da EAEM

Despois da Cometa de Lula Romero, celebramos o 150 aniversario de Ravel con dúas obras. A primeira, Pavana para unha infanta defunta, alude a unha imaxinaria corte española. Moi distinto é o Concerto para piano en Sol maior, influído pola viaxe de Ravel a Nova York e marcado desde o inicio —cun látego— polo espírito do jazz.

A estadounidense Mary Howe foi unha grande orquestradora, e compuxo boa parte da súa obra sinfónica na colonia artística de Nova Hampshire. Stars naceu tras longas noites contemplando o ceo desde o seu soportal; tamén nocturna é Pelléas et Mélisande, que fascinou a Schoenberg, Debussy e Sibelius. Fauré escribiu a música incidental para a obra teatral en 1898 e despois a suite. O que hoxe é o movemento máis célebre, a Sicilienne, foi un engadido.