REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Agata Zaj?c, directora
Silvia Rozas Ramallal, frauta
Helena Cánovas Parès: Time painting (proxecto Cometas). Estrea absoluta
Wolfgang Amadeus Mozart: Concerto para frauta núm. 1 en Sol maior, KV. 313 (285c)
Francis Poulenc: Sinfonietta
VEN 6 FEB
OURENSE, 20:00 h
A proposta de Helena Cánovas abre un concerto iluminado por un Mozart de tan só 22 anos, que en 1778 vive un ano tráxico, cando a súa nai morre en París mentres o acompañaba nunha xira. A beleza e perfección do Concerto para frauta núm. 1 elévanse por riba da adversidade, contradicindo a idea tan manida de que o músico sentía aversión por este instrumento de vento.
Autodidacta e cunha desbordante cultura, Francis Poulenc deixou unha inmensa obra, cada vez máis valorada. Guiado polo seu amor a Bach e apegado á melodía como referente a reivindicar, compuxo en 1947 a Sinfonietta, unha obra ecléctica, de magnífica orquestración, que recolle distintos estilos nunha refinada atmosfera neoclásica.