Data: 03-11-2023

MERCAR ENTRADA

flying pictures at an exhibition

A Real Filharmonía de Galicia participará no ciclo de música Ópticas Contemporáneas. A música reborda o pentagrama que ofrece a Cidade da Cultura de Galicia. Será no concerto flying pictures, no cal ofreceremos unha experiencia un pouco diferente á que temos nunha sala de concerto: haberá servizo de bar, ambientación lumínica distinta á tradicional dun concerto instrumental e asentos tipo “puf”, creando un ambiente de “club” para vivir a actuación de maneira cómoda e desenfadada.

A orquestra interpretará Flying Pictures de Mussorgsky a través da visión de Vivan e Ketan Bhatti, o cal é o punto de referencia para unha nova composición e interpretación contemporánea.

O seu proceso de composición descríbese co termo “palimpsesto”, que reescribe partes do texto para sobrepoñelas sobre fragmentos do orixinal. A peza é unha ESTREA EN ESPAÑA e estará dirixida por Baldur Brönnimann. Foi creada orixinalmente para unha colaboración co grupo de danza Flying Steps.

Ao remate da parte orquestral, o picadiscos DJ Mil ofrecerá unha sesión de música electrónica para pór o ramo ao evento.

Desde o momento de apertura de portas, ás 19:30h, no ambiente escoitarase música que convidará a gozar deste evento de maneira distinta ao que están acostumados os asistentes aos concertos da Real Filharmonía.

 

Baldur Brönnimann, director
DJ Mil

Modest Mussorgsky · Ketan e Vivan Bhatti: Flying Pictures (Cadros voadores)*

*Estrea en España