Neste último concerto de temporada facemos unha travesía entre Europa e os Estados Unidos. John Cage, o compositor norteamericano que más influiu nos artistas europeos do século pasado é o autor de Atlas Eclipticalis, unha peza moi aberta que non indica nin o tempo nin o número de intérpretes. A obra superpón a linguaxe propia de Cage a este atlas astronómico, xerando unha interrogación sobre o espazo e o tempo totalmente inaudita ata a súa estrea en 1961. Ao contrario de Cage, a figura de Korngold foi esmorecendo, incapaz de adaptarse á vida no exilio americano. Consagrado como compositor de cine, o que avergoñaba ao seu pai, escribe o seu “canto do cisne” no Concerto para violín en 1945. Pecha a velada o compositor que nos ten acompañado toda a temporada, Stravinski, coa Sinfonía en tres movementos, inscrita de cheo na súa etapa chamada neoclásica.
Baldur Brönnimann, director
Rosanne Philippens, violín
John Cage: Atlas Eclipticalis*
Erich W. Korngold: Concerto para violín en Re Maior, op. 35
Igor Stravinski: Sinfonía en 3 movementos
*Estrea en España
Coa participación do alumnado da EAEM
Ao rematar, servirase un viño cortesía de Galicia Calidade.
Ademais:
CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann & Rosanne Philippens
Sala Mozart, 19:45h