Data: 21-09-2022

MERCAR ENTRADA

Festival Maré

Dende Escocia, a histórica banda Capercaillie, pioneira do renacemento da canción gaélica, protagonizará un dos grandes concertos desta edición do Festival Maré. Con máis dun millón de álbumes vendidos en todo o mundo e a exquisita voz de Karen Matheson no centro desta formación, a Capercaillie Symphonic unirase á Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Paul Daniel no espectáculo inaugural do festival, que volve a Compostela do 21 ao 25 de setembro.