REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
La Maquiné, compañía de teatro
Joaquín Casanova, dirección de escena
Música: José López-Montes
José López-Montes, director musical
Intérpretes: Elisa Ramos, Ángela Cáceres e Noé Lifona
Nunha pequena illa no medio do océano vive Conta, un fareiro solitario que dedica a súa vida a coidar a Perla do océano, unha luz capaz de guiar os barcos na escuridade. Refuxiado na rutina e no control, mantense alleo a todo o que o rodea. Mais o mar insiste en achegarse a el a través de Lapa, unha foca curiosa; Pinza, un cangrexo que busca fogar; e o canto distante dunha balea. A chegada de Piti, un pequeno paxaro ferido, obriga a Conta a enfrontarse ás súas dificultades para coidar desde o afecto e non desde o control. Cando un accidente provoca a caída da Perla do océano ao mar e desata a tormenta, Conta emprende unha viaxe ás profundidades para recuperala. No interior da balea comprenderá que nin a luz nin el mesmo poden existir illados.
Transformado pola experiencia, Conta regresa disposto a abrirse aos demais. Coa axuda de Lapa e Pinza, converterá a illa nun barco simbólico para rescatar a Piti e descubrirá que a verdadeira luz non habita xa no faro, senón no seu propio interior.
SÁB 30 XAN (5€)
Auditorio de Galicia, 18.00 h (Concerto familiar)