Estrelas Fantásticas

Raquel García-Tomás é a compositora en residencia da presente temporada; a súa obra Las constelaciones que más brillan ofrece unha ollada luminosa ao cosmos, con sons agudos de estrelas e graves de nebulosas, e con Ravel como luz inspiradora. Szymanovski, o compositor polaco máis importante despois de Chopin, evoluciona desde o impresionismo ata a música de raíz popular alla maniera de Stravinski; un exemplo é o Concerto para violín núm. 2, de 1933, unha explosión de alegría a pesar da tristeza da súa vida persoal e política. Difícil foi tamén a vida de Berlioz, encarnación do ideal romántico, exaltado e temperamental, retratado na súa Sinfonía Fantástica. Escrita para unha enorme orquestra, impensable na época, transcorre como unha sucesión de movementos orquestrais biográficos: no cuarto movemento escóitase como a orquestra lle corta, directamente, a cabeza.

Baldur Brönnimann, director
Alena Baeva, violín

Raquel García-Tomás: Las constelaciones que más brillan
Karol Szymanovski: Concerto para violín e orquestra núm. 2, op. 61
Hector Berlioz: Sinfonía Fantástica, op. 14.

Coa participación do alumnado da EAEM.

Ademais:
CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann
Sala Mozart, 19:45h