REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Baldur Brönnimann, director
Roman Simovic, violín
Magnus Lindberg: Concerto para violín núm. 1
Antonín Dvorák: Sinfonía núm. 7 en Re menor, Op. 70, B.141
Chega a primeira obra do compositor en residencia desta tempada, o finés Magnus Lindberg, unha figura esencial na renovación da música sinfónica das últimas décadas. A súa traxectoria evoluciona do experimentalismo inicial cara a un clasicismo depurado, sempre atravesado por unha poderosa enerxía expresiva. Herdeiro do impulso sinfónico do seu compatriota Sibelius, Lindberg destaca polo seu dominio da tensión melódica e pola creación de paisaxes sonoras en constante transformación tímbrica, como amosa o Concerto para violín núm. 1, unha obra de gran virtuosismo e intensa luminosidade sonora. Ese mesmo horizonte expresivo percorre tamén a Sinfonía núm. 7 de Dvorák, composta en 1885 e considerada a peza máis profunda do compositor checo. A tonalidade de Re menor impregna a partitura dunha atmosfera sombría que transita, ao longo dos seus catro movementos, cara a un Finale en Re maior de marcado alento patriótico marcado polo desexo de liberdade.
Coa participación do estudantado da EAEM
VEN 6 NOV
Teatro Afundación, Pontevedra
20.00 h