REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Baldur Brönnimann, director
Iria Folgado, óboe
Caroline Shaw: Entre’acte
Richard Strauss: Concerto para óboe en Re maior, Op. 144, TrV 292
Emilie Mayer: Sinfonía núm. 5 en Fa menor
Caroline Shaw abre o concerto con Entre’acte, unha peza concibida como homenaxe a Haydn e ao seu Cuarteto núm. 2. Cunha linguaxe esencial e cristalina, Shaw revisita fragmentos do pasado desde unha sensibilidade plenamente contemporánea, convertendo a memoria musical no eixe da creación. Ese diálogo coa memoria percorre tamén o Concerto para óboe de Richard Strauss, escrito tras a Segunda Guerra Mundial para un soldado mutilado que antes fora un virtuoso do instrumento. Lonxe da devastación recente, Strauss constrúe unha obra de luminosidade serena, considerada unha das grandes partituras para óboe do século XX. Pecha o programa a Sinfonía núm. 5 de Emilie Mayer, unha das grandes figuras esquecidas do Romanticismo alemán. A música converteuse para ela nun refuxio tras a morte do seu pai, e a súa obra, admirada no Berlín do seu tempo, regresa hoxe ás salas de concerto como parte dunha memoria musical durante demasiado tempo silenciada. Composta en 1855, esta sinfonía destaca pola súa enerxía melódica e solidez formal.
XOV 21 XAN (18€)
Auditorio de Galicia, 20.00 h
CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann e Iria Folgado
Sala Mozart, 19.15 h