O concerto ábrese cunha estrea do compositor galego Jacobo Gaspar, De mar a Mar, na que latexa a súa constante búsqueda das posibilidades expresivas do son, a través de texturas e referencias poético-musicais. Nas antípodas estéticas sitúase Igor Stravinski, quen atopou no repertorio histórico o sedimento sonoro da súa música. As Danzas concertantes foron estreadas en Los Ángeles en 1942 co compositor como director; a obra contén toda a enerxía rítmica das súas primeiras composicións e a claridade e refinamento melódico das súas obras neoclásicas. Robert Schumann pon fin ao concerto coa segunda das súas catro sinfonías, estreada por Mendelssohn en 1846 con escaso éxito. Esta obra componse nunha época difícil para Schumann, sumido nun desacougo que non se reflicte na obra, escrita cunha linguaxe moi innovadora e cun empuxe orquestral moi vencellado ao Beethoven sinfónico.
Johanna Malangré, directora
Rosa Fernández, musicóloga
Jacobo Gaspar: De Mar a Mar*
Igor Stravinski: Danses Concertantes
Robert Schumann: Sinfonía núm. 2 en Do Maior, op. 61
*Encarga RFG. Estrea absoluta
Coa participación do alumnado da EAEM