REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Rufus Wainwright, voz, guitarra e piano
Baldur Brönniman, director
Matt Johnson, batería
Want Symphonic
Considerado por Elton John «o mellor compositor do planeta» e por David Bowie «un dos grandes autores da nosa época», Rufus Wainwright celebra o vixésimo aniversario dos seus álbums máis emblemáticos, Want One e Want Two, cun espectáculo sinfónico extraordinario. A Real Filharmonía de Galicia terá a sorte de presentar en España deste singular proxecto.
Want Symphonic transforma estas cancións icónicas en exuberantes arranxos orquestrais creados por Sally Herbert e Max Moston, reunindo sobre o escenario a Rufus Wainwright, o batería Matt Johnson e a Real Filharmonía de Galicia.
O resultado é unha experiencia sonora única que amplifica a riqueza, a emoción e a teatralidade dun repertorio considerado esencial na música popular das últimas décadas. Unha viaxe musical intensa, elegante e profundamente emocionante da man dun dos artistas máis xenuínos e admirados do noso tempo.
VEN 12 MAR (20€)* Concerto incluído no Abono (EN)FOCO XACOBEO
Auditorio de Galicia, 20.00 h