Encrucillada

A biografía de Sofiya Gubaidulina é como unha cartografía sonora da Rusia que lle tocou vivir a esta compositora tártara, de profundas conviccións relixiosas. Persoa non grata para o réxime político, non viaxará ao estranxeiro ata final dos anos 80, década a partir da cal recibirá grandes recoñecementos internacionais. En Fachwerk presenta un diálogo entre as dúas culturas musicais que tan ben coñece, a occidental e a tártara, simbolizada no baián, unha sorte de acordeón para o que adoita escribir. Cinco anos antes de nacer Gubaidulina, Shostakovich estreou a súa primeira sinfonía cun grande éxito; era 1926 e o compositor tiña 20 anos. Nela latexa esa ironía burlona que se tornará sarcasmo nas 14 sinfonías seguintes. Shostakovich guíanos pola alegría no primeiro tempo e pola desolación no terceiro, dunha tristeza que abraia nun mozo que compuxo así unha profecía involuntaria.

Baldur Brönnimann, director
Iñaki Alberdi, acordeón

Sofiya Gubaidulina: Fachwerk
Dmitri Shostakovich: Sinfonía núm. 1 en Fa menor, op. 10

Coa participación do alumnado da EAEM

Ademais:
CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann e Iñaki Alberdi
Sala Mozart, 19:45h