En decembro terá lugar un novo obradoiro de dirección orquestral da Real Filharmonía de Galicia

O taller terá lugar do 9 ao 12 de decembro de 2024 no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.

Ao finalizar os 4 días de traballo, realizarase un concerto aberto ao público coa participación da Real Filharmonía de Galicia e o alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais

Durante a temporada 2024-2025, a Real Filharmonía de Galicia organiza un taller de dirección orquestral co fin de buscar novos directores e directoras que estean no inicio da súa carreira formativa no ámbito da música sinfónica.

O curso será liderado polo director artístico e titular da RFG, Baldur Brönnimann, e os interesados poden inscribirse desde o día 24 de setembro de 2024 ata o día 11 de outubro de 2024, a través da plataforma MUVAC.

O obradoiro terá lugar os días 9, 10, 11 e 12 de decembro no Auditorio de Galicia. Ao final destes catro días de traballo, realizarase un concerto aberto ao público coa participación da Real Filharmonía de Galicia e tamén do alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais.

É importante ter en conta que, para a realización do obradoiro e aproveitamento máximo da formación, o candidato debe comprometerse a estar presente na cidade de Santiago de Compostela durante todas as fases do curso, que sucederá en horario de mañá e tarde entre os días 9 e 12 de decembro de 2024.

Ligazón ao proceso na plataforma MUVAC

Bases do proceso