REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Ruth Reinhardt, directora
Cometa: Envol – Encarga a Núria Giménez-Comas. Estrea absoluta
Hubert Parry: Elexía para Brahms
Detlev Glanert: Idyllium. Estrea en España
Johannes Brahms: Serenata núm. 2 en La maior, Op. 16
XOV 6 NOV (15€)
Auditorio de Galicia, 20:30 h
CONVERSANDO CON… Ruth Reinhardt
Sala Mozart, 19:45 h
Coa participación do alumnado da EAEM
Núria Giménez-Comas dá luz coa súa Cometa ao compositor, aínda na escuridade, Hubert Parry. Pacifista e sufraxista convencido, Parry iniciou o renacemento da música británica con obras tan emotivas como Elexía para Brahms, que non escoitou en vida. A obra de Detlev Glanert, Idyllium é unha homenaxe ao Brahms alegre e refinado da Segunda Sinfonía; por iso, só podía ser Brahms quen puxese o broche final ao programa coa Serenata núm. 2, dedicada á que foi a súa musa, Clara Schumann. Os seus cinco movementos despregan o inconfundible melodismo brahmsiano, a través dunha elección instrumental tan insólita como reveladora.