(Estudantado do 1º ciclo de primaria)
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
LA MAQUINÉ, compañía de teatro
Joaquín Casanova e Elisa Ramos, creación
Joaquín Casanova, director da obra, espazo escénico, iluminación e proxeccións
Elisa Ramos e Maite Campos, intérpretes
José López-Montes, adaptación musical e director
La Maquiné presenta O bosque de Grimm, un espectáculo inspirado no universo dos contos de fadas recompilados por Charles Perrault e os irmáns Grimm, que toma como punto de partida a delicada suite Ma mère l’Oye (Miña nai a Oca) de Maurice Ravel. Interpretada con orquestra en directo, a proposta combina teatro xestual, monicreques e vídeo nunha experiencia escénica pensada para público infantil e familiar a partir dos cinco anos.
A través da música de Ravel —concibida como unha evocación poética dos relatos da infancia— o espectáculo percorre algúns dos contos tradicionais máis coñecidos e transmitidos de xeración en xeración, como Carapuchiña Vermella, Polgariño, Brancaneves ou A Cincenta. Cada peza musical constrúe atmosferas e imaxes que mergullan o público nun bosque cheo de fantasía, misterio e emoción.
Creada por Joaquín Casanova e Elisa Ramos, responsables de La Maquiné, a montaxe propón unha viaxe á inocencia a través dunha mirada contemporánea sobre os contos populares, nun espectáculo visual e musical de grande sensibilidade pensado para emocionar a todos os públicos.
XOV 29 OUT
Auditorio de Galicia, 10.00 h e 12.00 h (Para centros educativos)