Partimos neste programa cara os confíns do mundo para retornar ao corazón de Europa. Da escuridade da historia xorde a música de Prokofiev, proscrito por “formalista” mentres a súa dona, a española Lina Codina, era confinada nun gulag. Na súa Sinfonía Clásica recrea os procedementos compositivos do clasicismo, especialmente os de Haydn. Das antípodas é Peter Sculthorpe, nacido en Tasmania en 1929, quen tivo na paisaxe e nas xentes australianas a inspiración para as súas numerosas composicións. Island song é unha breve peza para saxofón e orquestra de carácter lírico e evocador. Este percorrido retorna ao núcleo da música clásica, á Sinfonía 104 Londres-Salomon de Haydn, coa que pon fin a máis de 50 anos como compositor sinfónico.
Jessica Cottis, directora
Alejandro Oliván, saxofón
Serguéi Prokofiev: Sinfonía núm. 1 en Re Maior, op.25 “Clásica”
Peter Sculthorpe: Island Songs*
Joseph Haydn: Sinfonía núm. 104 en Re Maior ‘Londres-Salomon’
*Estrea en España
Ademais:
CONVERSANDO CON… Jessica Cottis
Sala Mozart, 19:45h