Data: 26-10-2023

MERCAR ENTRADA

dende o exilio

Outra das escollas desta temporada é Roberto Gerhard, compositor catalán exiliado en Cambridge que gozou dun gran recoñecemento internacional mentres en España era silenciado pola ditadura. Autor dun amplo catálogo, a obra Albada, interludi i dansa, estreouse durante a Guerra Civil como un berro de liberdade, construído cun orixinal uso do atonalismo e da música popular. O seu mestre, o xudeu austríaco Arnold Schoenberg escribiu no seu exilio nos Estados Unidos a Sinfonía de cámara núm. 2, obra que lle levou 33 anos e na que se afasta do dodecafonismo para construír unha música de cativadora amplitude tonal. O concerto péchase coa Sinfonía do novo mundo do checo Antonín Dvorák na que se atopan melodías populares americanas e bohemias, estas últimas tan do gusto do público que fixeron del un dos compositores máis recoñecidos en vida.

 

Pablo González, director

Roberto Gerhard: Albada, interludi i dansa
Arnold Schoenberg: Sinfonía de cámara, núm. 2
Antonín Dvorák: Sinfonía núm. 9 en Mi menor, op. 95 ‘Do Novo Mundo’

*Coa participación do alumnado da EAEM

 

Ademais:
CONVERSANDO CON… Pablo González
Sala Mozart, 19:45h

 

Consulta o programa do concerto.