Data: 09-10-2025

MERCAR ENTRADA

Deixa que che conte

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Baldur Brönnimann
, director
Ilse Eerens
, soprano

Cometa: Encarga a Inés Badalo. Estrea absoluta
Hans Abrahamsen: Let me tell you.
Piotr Ilich Chaikovski: Sinfonía núm. 1 en Sol menor, Op. 13, TH 24 “Soños de inverno”

XOV 9 OUT (18€)

Auditorio de Galicia, 20:30 h
CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann 
Sala Mozart, 19:45 h

Coa participación do alumnado da EAEM

Inés Badalo presenta a primeira estrela dun firmamento sonoro co que dezaseis compositores homenaxean a Real Filharmonía de Galicia no seu 30º aniversario e que titulamos Proxecto Cometas. Aberto tamén ao infinito, o ciclo de cancións Let me tell you, do danés Hans Abrahamsen, contén as 481 palabras que Shakespeare pon nos beizos de Ofelia, quen medita poeticamente sobre o fascinio do pasado, do presente e do porvir. Este entresoño enlaza con Soños de inverno, a primeira das sinfonías dun Piotr Ilich Chaikovski de tan só 26 anos. A súa escrita foi esgotadora e tortuosa, acentuada pola difícil relación que Chaikovski tiña co director do Conservatorio de Moscova, Nikolái Rubinstein, insatisfeito coa partitura; cando finalmente se interpretou completa, foi saudada pola crítica como unha grande obra, que só podería ser escrita por un verdadeiro ruso.

Descargar programa de man