REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Jordi Francés, director
Eva Gevorgyan, piano
Josep Planells: Contrafactum (estrea absoluta)
Sergei Rachmaninov: Concerto para piano e orquestra núm. 1
Jean Sibelius: Sinfonía núm. 5 en Mi bemol maior, Op. 82
Josep Planells regresa aos atrís da RFG como compositor coa estrea absoluta de Contrafactum, unha partitura baseada en pezas de órgano de Cabanilles nun diálogo entre estéticas separadas por séculos. O concerto marca tamén a primeira aparición da artista en residencia da tempada, a novísima pianista Eva Gevorgyan, protagonista do Concerto para piano núm. 1 de Rachmaninov. Composto baixo a influencia de Grieg e Chaikovski e revisado en 1917, a obra conserva a frescura da súa xuventude, coa voluptuosidade melódica e a riqueza harmónica características do compositor ruso. Nesa mesma Europa en guerra, Sibelius consolidaba unha voz persoal capaz de unir a tradición centroeuropea coa paisaxe e a mitoloxía nórdicas. Estreada en 1915 co compositor á batuta, a súa Quinta Sinfonía desprende unha enerxía expansiva e un alento épico que a converteron nun dos grandes cumios do sinfonismo do século XX.
Coa participación do estudantado da EAEM
XOV 12 NOV (18€)
Auditorio de Galicia, 20.00 h
CONVERSANDO CON… Jordi Francés e Eva Gevorgyan
Sala Mozart, 19.15 h