A artista en residencia Raquel García-Tomás concibe a súa música como un
fluído comunicativo coa videocreación e as artes visuais. En Blind Contours
núm. 2 traslada á partitura este concepto da ilustración, que permite debuxar
o perfil dun obxecto sen mirar o papel; así, a liberdade dos intérpretes marca o
carácter definitivo desta peza. Un certo aroma de despedida teñen as seguintes
obras no programa: Testament, do australiano Bret Dean, rende homenaxe a
Beethoven cos seus sons iniciais de desesperación nas cordas e con citas do seu
primeiro cuarteto. O legado que o músico de Bonn fixo á humanidade inclúe
a Sinfonía núm. 7, obra excepcional eclipsada pola Pastoral. Dominada por un
ritmo frenético, Schumann veu na Sétima a alegría dun día de voda mentres que
o crítico d’Ortigue a recibiu como unha procesión á ultratumba. Beethoven non
deixa lugar a medias tintas.
Jessica Cottis, directora
Raquel García-Tomás: Blind Contours núm. 2
Brett Dean: Testament
Ludwig van Beethoven: Sinfonía núm. 7 en La maior, op. 92
Coa participación do alumnado da EAEM