REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
César Ramos, director
En breve programa completo
A música sinfónica volve percorrer os diferentes barrios de Santiago coa nova edición dos Concertos nos Barrios, unha iniciativa coa que a Real Filharmonía de Galicia sae do Auditorio para estreitar lazos coa cidadanía. De carácter gratuíto e conducidos polo novo director asistente, César Ramos, estes encontros ofrecen unha oportunidade para descubrir de maneira próxima e accesible os grandes eixes da tempada da orquestra. A través dun formato comentado e próximo ao público, a RFG procura derrubar as barreiras invisibles que ás veces afastan a música clásica da cidadanía e reivindicar a súa capacidade para emocionar, conectar e formar parte da vida colectiva.
Unha proposta que aposta pola proximidade, a conversa e o acceso á cultura como ferramentas para construír unha comunidade máis participativa e culturalmente activa.