Concerto de Víctor Manuel Sinfónico

Víctor Manuel desembarca no Auditorio de Castrelos (Vigo) no marco da súa xira “Víctor Manuel Sinfónico” ca Real Filharmonía de Galicia, que contará con Joan Albert Amargós como director. Serán interpretadas as pezas máis coñecidas do asturiano como “Asturias”, “Ayer vite en la fonte”, “La madre” e “El abuelo Vítor”, entre outras.