Data: 12-12-2024

MERCAR ENTRADA

Concerto Final Obradoiro de Dirección

Unha das misións da Real Filharmonía de Galicia é o seu compromiso coas novas xeracións de músicos, sexan intérpretes —a través da Escola de Altos Estudos Musicais—, compositoras/es —mediante encargas ou co Obradoiro de composición— ou novas/os directoras/es —coa organización deste novo taller de dirección. Guiado por Jordi Francés, este obradoiro será un punto de encontro para batutas das máis diversas procedencias, que agardamos se converta nun fervedoiro de inconformistas: as directoras e os directores das orquestras do futuro!

Jordi Francés, director
Felipe Biesek
Matteo Dal Maso
Kinga Glowacka
Josephine Korda
Celia Llácer
Benjamin Alfred Voce

Raquel García-Tomás: Ceci n’est pas une valse
Johannes Brahms: Sinfonía no 2 en Re M, op. 73

Coa participación do alumnado da EAEM.

Descargar programa de man