Esta temporada a Real Filharmonía de Galicia reafirma a súa intención de alcanzar públicos diversos ao presentar novas modalidades de abono. Así, ademais do tradicional formato anual, o público tamén pode mercar os abonos flexibles, que permiten elixir entre 5 ou 10 concertos, e o abono (EN)FOCO, coa opción de asistir soamente aos concertos ou completar a experiencia cunha degustación na cafetería do Auditorio.
Podes consultar toda a información relacionada premendo aquí.
Abonos flexibles e Abonos (EN)FOCO, á venda o 4 de setembro:
Abono flexible 5 – pódese elixir entre cinco concertos de toda a temporada por 62,50 €
Abono flexible 10 – presenta a posibilidade de escoller dez concertos entre todas as propostas desta temporada por 125 €
Os abonos flexibles están á venda dende este xoves, día 4 de setembro, na web de compostelacultura.gal e no despacho de billetes da Zona C · Punto de Información Cultural (situada na praza de Cervantes e con horario de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 horas).
Cómpre ter en conta que aquelas persoas que opten pola compra presencial do abono no despacho de billetes terán que acudir tamén de forma presencial a trocar as súas entradas. De facer a compra en liña a través da web de Compostela Cultura poderán cambiar o abono por entradas de forma telemática dende o seu perfil de persoa usuaria. En calquera dos casos, a retirada de entradas con cargo ao abono só poderá facerse a partir do 25 de setembro.
Abono (EN)FOCO – o titular deste abono poderá asistir ao ciclo (EN)FOCO ao completo. Son tres concertos comentados, sempre aos venres, por 40 €
Abono (EN)FOCO con petisco e bebida – ademais dos tres concertos comentados, esta opción contempla a degustación dun petisco e unha bebida na cafetería do Auditorio por 58€
Neste caso, a venda realízase tamén a partir do 4 de setembro pero unicamente de maneira presencial no despacho de billetes da Zona C. As persoas que optan por esta modalidade reciben directamente as súas entradas para os tres concertos.
Abonos anuais, á venda o 15 de setembro:
Abonos anuais – permite adquirir entradas para toda a temporada. Dentro desta modalidade, é posible escoller entre tres formatos distintos.
ABONO A: 23 concertos (de outubro a xuño) por 279,00€
ABONO B: 13 concertos (de outubro a xaneiro) por 103,50€
ABONO C: 10 concertos (de febreiro a xuño) por 82,50€
Para os abonos anuais, a venta estará habilitada entre os días 15 e 19 de setembro de 2025. Neste caso, cómpre indicar que a persoa interesada poderá facelo na Zona C (de martes a sábado, en horario de 11 a 14 horas e de 16 a 19 h), no despacho de billetes do Auditorio de Galicia, de 10 a 14 horas, ou a través do teléfono do Auditorio (981 571 026) nese mesmo horario.
Entradas individuais, á venda o 25 de setembro
Finalmente, as entradas individuais estarán dispoñibles a partir do día 25 de setembro na web de compostelacultura.gal, na Zona C · Punto de información Cultural (de martes a sábado, en horario de 11 a 14 horas e de 16 a 19 h) e no despacho de billetes do Auditorio de Galicia (só os días de cada concerto dende unha hora antes do seu comezo).


