Cineuropa: The General (O maquinista da Xeneral)

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Timothy Brock, director
Proxección do filme coa música en directo

The General, 1926 (O maquinista da Xeneral) 
Directores do filme: Buster Keaton e Clyde Bruckman
Música: Timothy Brock (2005)

Timothy Brock regresa a Santiago para protagonizar unha das citas anuais imprescindibles co cinema mudo. Nesta ocasión, poñerase á fronte da banda sonora que el mesmo compuxo en 2005 para O maquinista da Xeneral, a obra mestra de Clyde Bruckman e Buster Keaton. O reto non era menor: como sucedía con frecuencia naquela época, Keaton non deixou indicacións musicais precisas para acompañar a proxección. Brock optou por crear unha partitura completamente nova, inspirada no universo sonoro dos anos vinte e construída a partir de himnos, foxtrots, valses e outras músicas conservadas en arquivos históricos.

O compositor propúxose imaxinar como podería soar en 1926 a banda sonora desta película, trasladando á orquestra toda a tensión, o humor e a vertixe das espectaculares persecucións ferroviarias que vertebran o relato. Ademais, procurou recuperar os xeitos interpretativos da época, cos seus ataques, articulacións e ornamentacións características, devolvéndolle á música a autenticidade dunha linguaxe sonora hoxe practicamente desaparecida.

Coa participación do estudantado da EAEM

XOV 19 NOV (20€)* Concerto incluído nos Abonos A e B
Auditorio de Galicia, 20.00 h