O clarinete toma o protagonismo da man da Real Filharmonía de Galicia en Lalín

A Real Filharmonía de Galicia participa este venres, día 7 de agosto, na programación do Galicia Clarinet Fest, cun concerto que terá lugar no Auditorio de Lalín a partir das 20:30 h. A orquestra estará dirixida por José Luis Estellés, nunha cita que reunirá sobre o escenario a dous destacados intérpretes do clarinete: Sergio Pires […]

A Real Filharmonía de Galicia abre a convocatoria do proxecto participativo “CANTAMOS!” para coros infantís e xuvenís de toda Galicia

A Real Filharmonía de Galicia abre o período de inscrición dunha nova edición de CANTAMOS!, o seu proxecto participativo dirixido a coros infantís e xuvenís de toda Galicia, unha iniciativa que reafirma o compromiso da orquestra por abrir o escenario á cidadanía e converter a práctica musical nun espazo compartido de encontro, aprendizaxe e creación […]

A Real Filharmonía de Galicia grava no Auditorio de Galicia un novo proxecto discográfico xunto a José Luis Temes

A Real Filharmonía de Galicia participa esta semana nun novo proxecto discográfico xunto ao director José Luis Temes, consolidando así unha colaboración artística iniciada en 2024 coa recuperación das catro sinfonías de María Luisa de Borbón. Se naquela ocasión o traballo conxunto permitiu rescatar un corpus fundamental do clasicismo español, esta nova gravación céntrase agora […]

A Real Filharmonía de Galicia presenta a tempada 2026/27: “Memoria”

A Real Filharmonía de Galicia presentou esta mañá a súa tempada 2026/27, “Memoria”, unha proposta artística que convida a reflexionar sobre a relación entre a música e a memoria, sobre a forma na que as obras do pasado continúan vivas no presente e sobre como a creación contemporánea dialoga permanentemente coa tradición. Concibida arredor da […]