Cantamos de película!

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Javier Fajardo, director
Peque coro In Crescendo (Catuxa Pita Evia, directora)

Proxecto participativo coros xuvenís de Galicia

Danny Elfman: Introdución de Eduardo Mans Tesoiras 
Danny Elfman: Danza do xeo de Eduardo Mans Tesoiras
John Williams:  Suite Harry Potter
John Williams:  Harry Potter e o prisioneiro de Azkaban
John Williams: Cancións de Nadal de Só na casa
Popular: Paxariños que voades (Arr. Nemesio García Carril / Peter Hope) 
Popular: Canto de berce para unha princesa negra (Arr. Peter Hope) 
Popular: Vinde, vinde (Arr. Peter Hope) 
Popular: E rorro, rorro, meu neno (Arr. Peter Hope)
Popular: Vinde galeguiños (Arr. Peter Hope) 

Nesta tempada, o proxecto participativo coral Cantamos! propón unha viaxe entre a música de cinema e a canción popular a través dos arranxos do compositor británico Peter Hope. O programa percorre atmosferas nas que o visual e o emocional dialogan constantemente. Resulta imposible imaxinar o universo de Tim Burton sen a música de Danny Elfman, capaz de combinar inocencia, fantasía e unha sutil presenza do macabro en filmes como Eduardo Mans Tesoiras. Nesa mesma dimensión máxica sitúase John Williams, autor dalgunhas das bandas sonoras máis célebres da historia do cinema e creador do inesquecible universo musical de Harry Potter. E despois de transitar polo mundo da maxia a viaxe conclúe aquí, en Galicia, con cancións populares como Paxariños que voades ou Vinde galeguiños arranxadas por Peter Hope, melodías que forman parte da nosa memoria colectiva e que a Real Filharmonía de Galicia quere seguir mantendo vivas a través do canto compartido.

PROXECTO EN COLABORACIÓN CON:
FEDERACIÓN DE COROS DE GALICIA (LOGO)
ASOCIACIÓN DE AMIGOS DA ÓPERA DE SANTIAGO (LOGO)

Coa participación do estudantado da EAEM

VEN 18 DEC (15€) 
Auditorio de Galicia, 20.00 h