Data: 19-12-2025

MERCAR ENTRADA

Cantamos!

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Proxecto participativo con coros de Galicia

Javier Fajardo
, director
Milan Périsic
, barítono
Andrea Rey
, mezzosoprano

Coro de Cámara Thalassa (Marín, Pontevedra)
Coro da Asociación Músico Crisanto (Rábade, Lugo)
Coro Asociación de Amigos del Camino de Santiago (Lugo)
Coro Asubío (Santiago, A Coruña)
Coro da Escola Municipal de Música de Santiago (Santiago, A Coruña)
Coro Crecente de Voces Graves (Santiago, A Coruña)
Sons de Solovio (Santiago, A Coruña)

Aberturas, coros e arias das óperas máis representativas de Wolfgang Amadeus Mozart, Gioachino Rossini, Giuseppe Verdi, Gaetano Donizzeti  e Georges Bizet.

VEN 19 DEC
Auditorio de Galicia, 20:30 h
(15 €) Público xeral

Coa participación do alumnado da EAEM

Proxecto en colaboración con: Federación de Coros De Galicia e Amigos da Ópera de Santiago de Compostela

O director galego Javier Fajardo volve poñerse á fronte de Cantamos!, proxecto co que a Real Filharmonía convida a participar a todos os coros galegos afeccionados que o desexen. A terceira edición desta iniciativa participativa céntrase na ópera, un xénero de vocación universal que, porén, tantas veces permanece alleo ao gran público. Cantamos! permite achegarse a ela dun xeito único: interpretándoa e escoitándoa desde dentro, nunha experiencia colectiva de gran valor transformador. Mozart, Rossini, Verdi, Donizeztti e Bizet son imprescindibles por esta razón. A súa música relata historias de amores e celos, de coraxe e entrega, de renuncias e xenerosidade. As súas óperas forman parte da vivencia da humanidade e seguen a ser unha ferramenta viva para a transmisión de emocións, coñecemento e identidade colectiva. Que mellor maneira de amalas que dando vida ás súas partituras.

Descargar programa de man