Unha das poucas experiencias máis satisfactorias que escoitar música xuntos é facer música xuntos. Neste concerto participativo, orquestra e público traspasan as fronteiras convencionais entre intérpretes e audiencia para mergullarse, como un colectivo, no Gloria RV 589, o máis coñecido do prete rosso. Vivaldi desenvolve nesta obra un dos primeiros exemplos de unión entre estilo antico e novo, a través de fortes contrastes emocionais, ambiente ideal para achegarse á música participativa máis viral desde que se compuxo en 1742. O Mesías de Haendel contén unha exaltación de alegría tan contaxiosa que cando se interpretou o Aleluia na estrea (na Semana Santa e non no Nadal) o rei de Inglaterra levantouse do asento e, por protocolo, con el todo o público, polo que hoxe en día continúa escoitándose de pé en Londres.
PROXECTO COLABORATIVO CON COROS DE GALICIA
Javier Fajardo, director
Susana García Pico, soprano
Charlene Harriswangler, mezzosoprano
Alberto Miguélez, contratenor
Lucas López López, barítono
Coro da Orquesta Sinfónica de Galicia
Coros participativos: Coro Cardenal Quiroga Palacios, Coro de Cámara Thalassa, Coro Harmonia Stellae, Coro CMUS de Ourense, Coro Asubío, Coro da Escola Municipal de Santiago
Antonio Vivaldi: Gloria, RV 589
Georg Friedrich Haendel: O Mesías (extractos)