Real Filharmonía de Galicia
Paul Daniel, director
Cristina Pato, gaita
Raquel Lojendio, soprano
Alba Barreiro, arpa

Atlantic Waters

Este álbum conmemora os 25 anos de traxectoria da Real Filharmonía de Galicia, amosando o talento musical galego actual baixo a batuta de Paul Daniel. Recolle obras de catro compositores galegos contemporáneos: Fernando Buide, Juan Durán, Octavio Vázquez e Eduardo Soutullo.

Para Fernando Buide, en Pasaxes as palabras do poeta galego contemporáneo Gonzalo Hermo empuxan a súa música a través de fronteiras, chegando ás centenarias palabras do poeta inglés Edward Thomas: é coma se buscase compartir a súa cultura galega con outra parte do mundo. En Pórtico da Illa de Monteagudo Juan Durán expresa o corazón e a alma de Galicia na súa música: a arpa de Alba Barreiro convértese na voz cantante da Illa de Monteagudo. Con Viúvas de vivos e mortos Octavio Vázquez rompe barreiras no seu concerto para gaita que compuxo para Cristina Pato, un himno de forza e de encomio á muller na sociedade, ás viúvas que mantiveron unidas ás súas familias durante a emigración. Eduardo Soutullo rompe as fronteiras entre o real e o imaxinario co seu enxeñoso e fascinante encontro de dous xigantes tecnolóxicos en Jobs and Gates at dawn (and other uchronias).

__

Odradek Records, 2021