Data: 30-01-2026

MERCAR ENTRADA

Ao lonxe

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Baldur Brönnimann
, director
Raquel Areal
, violín

Voro García: Muffled cry (proxecto Cometas). Estrea absoluta
Serguéi Prokófiev: Concerto para violín núm. 2 en Sol menor, Op. 63 
Jean Sibelius: Sinfonía núm. 2 en Re maior, Op. 43 

VEN 30 XAN
Centro Cultural Afundación, 20:00 h, VIGO

Coa participación do alumnado da EAEM

Voro García dá paso ao regreso de Serguéi Prokófiev aos atrís da Real Filharmonía co Concerto para violín núm. 2. Composto en 1935, sepárano case trinta anos do primeiro, co que comparte mestría e pouco máis. Preparado para regresar á URSS tras un longo período de éxitos fóra, este concerto foi o último encargo que Prokófiev recibiría do mundo occidental. A súa estrea, en Madrid, incluíu castañolas.

Igualmente convulsa foi a vida do compositor finés Jean Sibelius, quen loitou durante a súa longa existencia contra a bancarrota e a enfermidade. A Sinfonía núm. 2, escrita en 1902 despois dunha breve estancia en Italia, non anticipa, porén, ese triste itinerario vital. A profusión de motivos melódicos marca os seus catro movementos, estruturados segundo un esquema formal conservador que xa abandonaran Mahler ou Stravinski.