Antes do silencio

CICLO DE LIED
Wiebke Lehmkuhl, mezzosoprano
Julius Drake, piano

Benjamin Britten: A Charm of Lullabies (Unha colección de arrolos),  Op. 41
Johannes Brahms: Vier ernste Gesänge (Catro cancións serias), Op. 121

Onde está a difusa fronteira entre o descanso, a escuridade e o final da vida? Britten mergúllanos no universo da infancia con A Charm of Lullabies, un ciclo que transita con xenialidade entre a dozura protectora e as sombras desacougantes do desvelo. A atmosfera vólvese evocadora da man de Johannes Brahms cunha selección das súas cancións dedicadas á noite e ao eterno descanso, Vier ernste Gesänge. Escritas cara á fin dos seus días, transforman o cansancio propio e do mundo nunha fonda meditación sobre o poder do amor mais tamén da fugacidade da vida e a inevitabilidade da morte.

En colaboración con Amigos da Ópera de Santiago de Compostela

XOV 11 FEB (15 €)
Auditorio de Galicia, 20.00 h