A Real Filharmonía de Galicia, en colaboración co Festival Resis de Música Contemporánea de A Coruña, organizará o mes de maio un obradoiro de lecturas de novas obras sinfónicas co fin de ser un estímulo para compositores e compositoras que estean comezando a súa carreira formativa no ámbito da música clásica.
As actividades deste taller serán levadas a cabo de forma presencial os días 5, 6, 7, 8 e 9 de maio de 2025 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela, España). Ao rematar a semana, realizarase un concerto final aberto ao público e unha gravación, sen fins comerciais, das obras elixidas.
Dado o carácter formativo destes obradoiros, requirírase a presenza física en Santiago de Compostela dos compositores/as. O taller será guiado polo compositor José María Sánchez-Verdú e polo director Jordi Francés.
O prazo para participar está aberto desde o día 31 de outubro de 2024 ata o 22 de decembro. As persoas interesadas poderán inscribirse a través da plataforma MUVAC.