A Real Filharmonía de Galicia ponse baixo a batuta do director vasco Rubén Gimeno os vindeiro xoves 1 e venres 2 de decembro en Santiago de Compostela e Lugo respectivamente nun novo programa da temporada de abono ‘Escoitar o Mundo’ que levará por nome ‘Divertimento’.
Xunto ao director e o resto da orquestra, actuará como solista a violinista Birgit Kolar que interpretará o Concerto para violín de Ludwig van Beethoven nun recital que comezará co Divertimento de Béla Bartók.
O concerto do xoves será ás 20.30h no Auditorio de Galicia da capital galega mentres que o do venres comezará ás 20h no Circulo das Artes de Lugo.
Gimeno e Kolar
Coa Real Filharmonía de Galicia estarán nesta ocasión un director con extensa traxectoria en diversas orquestras de España e do resto do mundo. Rubén Gimeno é actualmente responsable da Joven Orquesta da Comunidad de Madrid e director artístico da Joven Orquesta de Euskadi.
Ademais, durante a súa carreira musical, colaborou con solitas como Lang Lang, Midori, Violeta Urmana, Steven Isserlis Dimitri Sitkovetsky, Fazil Say, Gabriela Montero, Behzod Abduraimov, Maria Bayo ou Michel Camilo.
Nesta ocasión a intérprete solista será a austríaca Birgit Kolar, quen ten unha ampla experiencia como concertino e como solista, ofrecendo concertos en varios festivais europeos, sudamericanos ou xaponeses.
Como concertino tamén foi convidada a diversas orquestras europeas, como a Orquestra Estatal de Baviera (Münchner Staatsoper), a Orquestra Sinfónica do Gran Teatre do Liceu, a Orquestra Filharmónica da BBC, a Orquestra Filharmónica de Bergen, a Orquestra Filharmónica de Copenhagen, e regularmente coa Orquestra Filharmónica de Viena.
Entradas á venda
Para o recital do xoves no Auditorio de Galicia as entradas están á venda a través da web de Compostela Cultura a un prezo de 18€ e para o do venres as entradas poden mercarse no despacho de billetes do Círculo das Artes.