A Real Filharmonía de Galicia abre un proceso de selección para a posterior contratación dun/dunha novo/a director/a asistente para a anualidade 2026/2027. Ofrécese unha experiencia formativa en todos os aspectos prácticos do mundo musical profesional (dirección, programación, formación, relación con outras institucións artísticas, entre outras). A persoa seleccionada gozará dunha oportunidade para profundar e impulsar a súa carreira coma director/a profesional, baixo a titoría do director titular e artístico da RFG, Baldur Brönnimann.
As persoas interesadas poderán inscribirse desde o día 25 de setembro ata o día 26 de outubro de 2025 a través da plataforma Muvac
O proceso de selección realizarase de forma presencial no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, do 8 ao 11 de decembro de 2025.
A RFG é unha das institucións culturais de referencia en Galicia, comprometida con levar a música clásica a todo o territorio galego e a un público amplo e heteroxéneo. Así, esta iniciativa busca fortalecer a orquestra cun impulso renovador a través do seu compromiso co desenvolvemento profesional das novas xeracións.
Ligazón ao proceso na plataforma Muvac
Bases del proceso en castellano
Process rules in English


