A Real Filharmonía de Galicia presenta a nova temporada cun concerto sorpresa aberto á cidadanía

Baldur Brönnimann dirixirá a orquestra nun concerto no que achegará as chaves da temporada 2025-2026

Será o vindeiro xoves, día 19 de xuño, ás 20:30h no Auditorio de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia presentará o vindeiro xoves 19 de xuño no Auditorio de Galicia a súa temporada de abono 2025-2026 cun concerto especial dirixido por Baldur Brönnimann e aberto a toda a cidadanía.

O programa do concerto, no que se presentarán as chaves do que será a nova temporada, será sorpresa, polo que as persoas asistentes descubrirán as pezas que se interpretarán ao inicio do mesmo.

As persoas abonadas terán reservadas as súas butacas, as mesmas que ocuparon durante toda a temporada anterior, e simplemente terán que presentar a súa tarxeta de abono no acceso ao recinto.

Para o resto de persoas interesadas en asistir a este concerto, a entrada será de balde previa retirada de convites (máximo 2 por persoa) na páxina web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C e, sempre que existan aínda localidades dispoñibles, no do Auditorio de Galicia (o propio día do concerto, dende unha hora antes do seu comezo).