A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos en colaboración coa Escola de Altos Estudos Musicais. Trátase dunha iniciativa que se atopa dentro do compromiso da RFG coa formación de novos músicos profesionais e que, ademais, busca achegar a música clásica á cidadanía ao promover espazos de intercambio accesibles aos máis variados públicos.
Xunto á orquestra actuarán os alumnos Óscar Rial (trompeta), Erika García (clarinete), Inês Fernando (viola) e Belén Aragunde (frauta). O acceso será libre e de balde ata completar a capacidade permitida e serán interpretadas composicións de Mozart, Haydn, Mendelssohn, entre outros.
Este concerto se enmarca dentro da temporada de verán da Real Filharmonía de Galicia, unha pequena mostra que antecede a súa próxima temporada de abono. Neste eido, compre indicar que a vindeira semana, o xoves 19 de xuño, terá lugar no Auditorio de Galicia -ás 20:30h- o concerto de presentación da temporada 2025-2026. Será necesario retirar previamente as invitacións na web de Compostela Cultura e, na ocasión, o director titular e artístico Baldur Brönnimann dará a coñecer as principais propostas musicais preparadas para o próximo ciclo.


