REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Perry So, director
Peter Moore, trombón
Johann Sebastian Bach / Anton Webern: Ricercar a 6
Deborah Pritchard: Light CircleFranz Schubert: Sinfonía núm. 9 en Do maior, D. 944, «A Grande»
Perry So, un dos directores emerxentes de maior proxección, propón neste programa unha viaxe pola memoria musical europea a través de distintas épocas e linguaxes sonoras. O concerto ábrese coa versión que Anton Webern realizou do Ricercar da Ofrenda musical de Bach, un fascinante diálogo arredor da precisión estrutural e do equilibrio sonoro. Imaxe e son conflúen dun modo singular na británica Deborah Pritchard, compositora sinestésica para quen cor e música forman parte dun mesmo universo expresivo. O seu concerto para trombón Light Circle, escrito para Peter Moore, destaca pola súa atmosfera hipnótica e intensidade tímbrica. Franz Schubert nunca chegou a escoitar a súa Sinfonía núm. 9, unha obra monumental que só viu a luz grazas ao entusiasmo de Robert Schumann e á batuta de Felix Mendelssohn. Durante anos foi considerada excesiva pola súa dimensión e dificultade, mais o tempo acabou por convertela nun dos grandes cumios do Romanticismo.
Coa participación do estudantado da EAEM
XOV 18 FEB (18€)
Auditorio de Galicia, 20.00 h
CONVERSANDO CON… Perry So e Peter Moore
Sala Mozart, 19.15 h