Poucas experiencias hai máis felices que cantar nun coro; quizáis só superable a cantar nun encontro de coros, vivindo a experiencia de dar vida coa voz dun mesmo e das persoas que están a carón a obras tan importantes para a música da nosa terra como a Misa na honra do Apóstolo Santiago, do lucense Juan Montes. A pesares de non saír nunca de Lugo, e de levar alí unha vida adicada á devoción, Montes deixou bailables, música de salón e a súa inesquecible Negra Sombra, unha canción imantada á identidade de Galicia como poucas. Sen embargo, o xénero que cultivou toda a súa vida foi o relixioso, no que sobresae esta Misa.
Javier Fajardo, director
Coro Orfeón Terra A Nosa (Mateo Iglesias, director)
Ludwig van Beethoven: Abertura de Fidelio
Juan Montes: Misa na honra do Apóstolo Santiago (arr. Joam Trilho)
Juan Durán: Merry Christmas Beethoven
Proxecto colaborativo con coros de Galicia
Ademais:
CONVERSANDO CON… Javier Fajardo
Sala Mozart, 19:45h