O espectáculo ‘Preguntas sen resposta?’ usa a intelixencia artificial para recrear a imaxe de coñecidos compositores

Esta semana a Real Filharmonía de Galicia ofrece tres concertos didácticos, incluídos dentro da programación escolar que adoita ofrecer Compostela Cultura, a centros educativos de Santiago e Galicia. Co fin de provocar a reflexión entre os máis mozos sobre as indagacións existencialistas comúns aos seres humanos e propor unha viaxe individual e colectiva de crecemento […]