A Real Filharmonía de Galicia estrea a obra De mar a mar do compositor galego Jacobo Gaspar

A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana, en Vigo e Santiago, un novo concerto do ciclo (EN)FOCO. O obxectivo deste formato é facilitar a comprensión das obras máis contemporáneas. Deste xeito, ademais da estrea dunha obra encargada pola propia orquestra, os espectadores terán a oportunidade de profundar os seus coñecementos coa axuda das explicacións […]