A bela dormente de Chaikovski protagoniza o Concerto de Reis da Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá o vindeiro venres, 5 de xaneiro (21h), no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, o seu tradicional Concerto de Reis que levará por nome A bela dormente e no que unha selección de pezas deste fermoso ballet de Chaikovski será protagonista. Esta actuación está incluída dentro da temporada […]