|
||||||||||||||||||||||
| Español | Galego | English |
|
|||||||||||||||||||||
|
Programación
La orquesta
Descargas
Auditorio de Galicia Avda. Burgo das Nacións, s/n 15705 Santiago de Compostela ![]()
|
Noticias
domingo, 05 de septiembre de 2010
O Musiconto O prodixio dos zapatos de cristal, coa música da Real Filharmonía de Galicia, entra na lista White Raven 2009
Trátase dun dos principais referentes mundiais na atención ao libro infantil e xuvenil
A prestixiosa Internationale Jugendbibliothek München, un dos principais referentes mundiais na atención ao libro infantil e xuvenil, fixo pública a relación de libros seleccionados pola súa especial calidade, a The White Ravens List 2009, que se presentará na Bologna Children's Book Fair 2009. Nesta edición, a biblioteca alemá destaca 250 títulos publicados no 2008 en 32 linguas e pertencentes a 48 países. Como xa é habitual, a literatura infantil e xuvenil galega convértese nunha das grandes protagonistas ao ser seleccionados tres títulos, entre outros o Musiconto O prodixio dos zapatos de cristal escrito por Xosé A. Neira Cruz, ilustrado por Rodrigo Chao e no que a música da Real Filharmonía dirixida por Maximino Zumalave ten un especial protagonismo. A narradora do conto é a actriz de dobraxe Teresa Santamaría. Os outros dous títulos que entran na lista son a novela xuvenil "A Cabeza de Medusa", de Marilar Aleixandre, e "Fume", de Antón Fortes. A música do libro foi gravada no marco das sesións didácticas da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia. En concreto trátase da Abertura e varias pasaxes orquestrais de La Cenerentola, obra composta por Rossini sobre o conto de Perrault. A gravación, en vivo, contou coa voz da soprano Gloria Amil e a narración da cantante e actriz de dobraxe Teresa Santamaría. Este traballo enmárcase no proxecto chamado Musicontos, novo traballo da Editorial Galaxia, no que participa o Consorcio de Santiago, polo que tres contos clásicos -A Cinsenta, Os tres porquiños e A sereíña- son “reinventados” con textos do escritor Xosé A. Neira Cruz, acompañados pola música da Filharmonía e ilustracións. A música, tirada de composicións clásicas refúndese e así adquire unha nova dimensión ao soar asociada a un novo texto. Esta ollada diferente aos contos de sempre conforma fai fincapé nos grandes temas infantís, pero partindo de novas situacións, tiradas da cotianidade. O traballo é froito da estreita colaboración entre o escritor Neira Cruz e o director Maximino Zumalave. Os libros editaranse en formato álbum, acompañados dun CD, e prevese que estean á venda o vindeiro mes de novembro. Ao conto da Cinsenta, súmanse O debut de Martiño Porconi. O que foi dos tres porquiños e o lobo (adaptación de Os tres porquiños) e Un bico de amor e vida (baseado en A sereíña). En O prodixio dos zapatos de cristal o texto e a música contan a historia dunha rapaza en paro que quere ser cantante e atopa traballo nunha zapatería onde se garda un curioso zapatiño de cristal; no segundo, o gran tenor Martiño Porconi rememora, antes dun concerto, a vida pasada cos seus outros irmáns porcos e os avatares terribles co lobo. Na terceira, faise unha relectura da historia da sereíña ao mesmo tempo que se reflexiona sobre a traxedia do Prestige. |
|||||||||||||||||||||