Español | Galego | English
Calendario de conciertos
    Conciertos didácticos
  Gira
  Conciertos de abono
    Conciertos de cámara
 
Noticias
lunes, 14 junio 2010 La Real Filharmonía de Galicia ofrece un concierto extraordinario sobre la figura del músico Arriola Bajo la batuta de Maximino Zumalave, la orquesta actúa acompañada de los pianistas Víctor y Luis del Valle y Joaquín Soriano. A partir del 1 ...
Ver noticia completa
más noticias


  Programación La orquesta Descargas  

© - Real Filharmonía de Galicia - 2008
Auditorio de Galicia

Avda. Burgo das Nacións, s/n
15705 Santiago de Compostela



Noticias
martes, 07 de septiembre de 2010
A Real Filharmonía de Galicia pon música á unha versión galega da Cinsenta A Filharmonía colabora coa editorial Galaxia na preparación da edición de tres contos clásicos rescritos por Neira Cruz e acompañados pola música da orquestra dirixida por Maximino Zumalave

No marco das sesións didácticas da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia, realizouse esta mañá unha das sesións da gravación da música que acompañará á próxima edición de O prodixio dos zapatos de cristal, adaptación en galego do conto da Cinsenta. A orquestra está a gravar a Abertura e varias pasaxes orquestrais de La Cenerentola, obra composta por Rossini sobre o conto de Perrault. A gravación, en vivo, conta coa voz da soprano Gloria Amil e a narración da cantante e actriz de dobraxe Teresa Santamaría.

Este traballo enmárcase no proxecto chamado Musicontos, novo traballo da Editorial Galaxia, no que participa o Consorcio de Santiago, polo que tres contos clásicos -A Cinsenta, Os tres porquiños e A sereíña- son “reinventados” con textos do escritor Xosé A. Neira Cruz, acompañados pola música da Filharmonía e ilustracións. A música, tirada de composicións clásicas refúndese e así adquire unha nova dimensión ao soar asociada a un novo texto. Esta ollada diferente aos contos de sempre conforma fai fincapé nos grandes temas infantís, pero partindo de novas situacións, tiradas da cotianidade. O traballo é froito da estreita colaboración entre o escritor Neira Cruz e o director Maximino Zumalave. Os libros editaranse en formato álbum, acompañados dun CD, e prevese que estean á venda o vindeiro mes de novembro.

Ao conto da Cinsenta, súmanse O debut de Martiño Porconi. O que foi dos tres porquiños e o lobo (adaptación de Os tres porquiños) e Un bico de amor e vida (baseado en A sereíña).

En O prodixio dos zapatos de cristal o texto e a música contan a historia dunha rapaza en paro que quere ser cantante e atopa traballo nunha zapatería onde se garda un curioso zapatiño de cristal; no segundo, o gran tenor Martiño Porconi rememora, antes dun concerto, a vida pasada cos seus outros irmáns porcos e os avatares terribles co lobo. Na terceira,  faise unha relectura da historia da sereíña ao mesmo tempo que se reflexiona sobre a traxedia do Prestige.