|
||||||||||||||||||||||
| Español | Galego | English |
|
|||||||||||||||||||||
|
Programación
La orquesta
Descargas
Auditorio de Galicia Avda. Burgo das Nacións, s/n 15705 Santiago de Compostela ![]()
|
Noticias
martes, 07 de septiembre de 2010
A Real Filharmonía de Galicia retoma o seu ciclo de música de cámara
O ciclo de música de cámara ”Música na Compañía” regresa con 18 concertos ata xuño de 2009. Está organizado en colaboración coa Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago
Real Filharmonía de Galicia e USC poñen en marcha unha nova edición de Música na Compañía, unha serie de concertos de cámara celebrados na igrexa da Universidade. En total serán 18 concertos protagonizados por diversas formacións de cámara da Real Filharmonía de Galicia. Organizado pola Vicerreitoría de Cultura en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia, orquestra xestionada polo Consorcio de Santiago, o ciclo pretende unir os conceptos de música e patrimonio e achegar a música de cámara ata o corazón mesmo da cidade histórica de Compostela. Así, á calidade artística dos diferentes compoñentes da orquestra santiaguesa, únese o carácter monumental da igrexa da Compañía, verdadeira xoia do barroco. Este proxecto artístico, impulsado desde a Real Filharmonía repite o esquema e o espírito do ano pasado e permite ao público compostelán e visitante de disfrutar da música da orquestra a través dos seus solistas, que para a ocasión conforman grupos de cámara e interpretan un variado repertorio músical. A capacidade e a singularidade artística e técnica de todos os músicos da Filharmonía teñen nestas formacións de cámara a expresión distinguida e versátil do seu camiño cara a unha maior presenza en Compostela. Concerto inaugural Como inicio a este ciclo musical tres principais de corda da Real Filharmonía (Grigori Nedobora, principal de segundos violines; Tilmann Kircher, viola principal e Plamen Velev, violoncello principal) únense formando un trío de corda que porá música a unha peza de Schubert e outra de Mozart, ámbalas dúas composicións moi adaptadas para o espazo da igrexa da Compañía, útil para este tipo de concertos. A cita será o martes 21 de outubro, ás 20.30h. A entrada é gratuíta, ata completar aforo. A este concerto seguiránlle outros dezasete, ata o mes de xuño de 2009. O repertorio, moi variado, inclúe pezas de diferentes épocas e compositores, dende Bach, Mozart e Beethoven, ata Schubert, Haydn, Mendelssohn e outros máis contemporáneos (Schickle, Piazzola, Takemitsu, Brotons, Pärt, Gubaidulina). Igrexa da Universidade A igrexa da Universidade, ou da Compañía, foi construída como sé principal da Compañía de Xesús, no século XVII. Cando a orde foi expulsada de España, a finais do século XVIII, as imaxes da fachada, que representaban a San Ignacio de Loiola e a San Francisco Xavier, foron “decapitadas”, e as súas cabezas substituídas polas de San Pedro e San Paulo. Dende 1995, ano da celebración do Quinto Centenario da Universidade, está adicada a sala de exposicións e concertos. No seu interior destaca o retábulo maior, barroco, proxectado por Simón Rodríguez, o mesmo arquitecto que deseñou a fachada de Santa Clara e a Igrexa de San Francisco. PROGRAMA FORMACIÓNS DE CÁMARA DA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA CICLO “MÚSICA NA COMPAÑÍA” outubro 2008 - xuño 2009 Igrexa da Universidade, 20.30h Martes, 21 de outubro Grigori Nedobora, violín Tilmann Kircher, viola Plamen Velev, violoncello Obras de Schubert e Mozart Martes, 28 de outubro Laurent Blaiteau, frauta Grigori Nedobora, violín Anna Alexandrova, violín Timour Sadykov, viola Ailsa Lewin, violoncello Juan Carlos Otero, fagot Manuel Veiga, fagot Simona Velikova, clave Obras de Bach, Mozart e Piazzolla Martes, 25 de novembro James Dahlgren, violín Grigori Nedobora, violín Tilmann Kircher, viola Plamen Velev, violoncello Obras de Beethoven e Schubert Mércores, 26 de novembro Julia Petrushevskaja, violín Ilya Fisher, violín Timour Sadykov, viola Oxana Bakulina, viola Thomas Piel, violoncello Obras de Leclair e Grieg Xoves, 27 de novembro Kiyoko Ohashi, violín Elina Viksne, violín Ionela Ciobotaru, viola Ailsa Lewin, violoncello Alfonso Morán, contrabaixo Beatriz López, clarinete Manuel Veiga, fagot Alfredo Varela, trompa Schubert Mércores, 21 de xaneiro Kiyoko Ohashi, violín Gyula Vadaszi, violín Teresa Cardoso, viola Ailsa Lewin, violoncello Beatriz López, clarinete Obras de Schubert e Mozart Xoves, 22 de xaneiro Carlos García Amigo, violoncello Ailsa Lewin, violoncello Palmira Martínez, violoncello Thomas Piel, violoncello Obras de Pärt, Gubaidulina, Pereiro, Mainardi e García Martes, 17 de febreiro Laurent Blaiteau, frauta Beatriz López, clarinete José Vicente Faus, percusión Simona Velikova, piano Céline Landelle, harpa Obras de Brotons, Martinu, Parker e Takemitsu Mércores, 18 de febreiro Nikolay Velikov, violín Enrique Roca, violín Ioanela Ciobotaru, viola Thomas Piel, violoncello Carlos Méndez, contrabaixo Obras de Dvorák e Piazzolla Martes, 24 de marzo Elina Viksne, violín Helena Sengelow, violín Timour Sadykov, viola Carlos García, violoncello Obras de Smetana e Shostakovich Mércores, 25 de marzo Ildikó Oltai, violín Palmira Martínez, violoncello Simona Velikova, piano Obras de Rachmaninov, Turina e Dvorák Martes, 28 de abril Christina Dominik, óboe Esther Viúdez, óboe Palmira Martínez, violoncello Clave, a determinar Obras de Beethoven, Couperin, Schickele e Haydn Mércores, 29 de abril James Dahlgren, violín Anca Smeu, violín Anne Schlossmacher, viola Barbara Switalska, violoncello Thomas Piel, violoncello Schubert Xoves, 30 de abril Anna Alexandrova, violín Ildikó Oltai, violín Obras de Mozart, Schnittke, Prokofiev e Bartók Martes, 19 de maio Beatriz López, clarinete Vicente López, clarinete Obras de Mozart, Mendelssohn, Prinz e Poulenc Martes, 9 de xuño Christina Dominik, óboe Esther Viúdez, óboe Javier Simó, trompeta Ramón Llátser, trompeta Manuel Veiga, fagot Lorenzo de los Santos, bajo continuo Obras de Hertel, Molter e Vivaldi Mércores, 10 de xuño Jordi Ortega, trompa Ildikó Iltai, violín Kiyoko Ohashi, violín Ionela Ciobotaru, viola Palmira Martínez, violonchelo Obras de Stamitz, Mengal e Debussy Xoves, 11 de xuño Beatriz López, clarinete Manuel Veiga, fagot Anca Smeu, violín Ioanela Ciobotaru, viola Thomas Piel, violoncello Carlos Méndez, contrabaixo Alfredo Varela, trompa Xavier Ramón, trompa Obras de Strauss e Beethoven |
|||||||||||||||||||||