|
||||||||||||||||||||||
| Español | Galego | English |
|
|||||||||||||||||||||
|
Programación
La orquesta
Descargas
Auditorio de Galicia Avda. Burgo das Nacións, s/n 15705 Santiago de Compostela ![]()
|
Noticias
martes, 07 de septiembre de 2010
A Real Filharmonía de Galicia presenta en Santiago A Paixón segundo San Xoán
O Auditorio de Galicia acolle unha das obras cume de Bach, baixo a dirección do holandés Frans Bruggen
Trátase dunha composición grandiosa que mobilizará sobre o escenario a preto de 100 artistas
Hai algo máis de cinco anos que comezou o “frechazo” entre Frans Bruggen e a Real Filharmonía, e dende entón o director holandés non perde a ocasión para poñerse ao fronte da orquestra compostelá, que el mesmo definiu como “orquestra marabillosa para unha cidade marabillosa”. Nesta ocasión, preparouse un programa grandioso, no que o equipo da orquestra compostelá leva traballando moito tempo: A Paixón segundo San Xoán, de Johann Sebastian Bach. A posta en escea será grandiosa, coa Real Filharmonía ao completo, así como aos cantantes do Cor de Cambra do Palau da Música Catalana e ao tenor Nico van der Meel, o barítono André Morsch, a soprano Martina Rüping, o alto Patrick van Goethem, o tenor Donat Havar e ao barítono Joan Martín Royo. En total preto de 100 artistas que poñerán música e voz a unha das composicións máis complexas de Bach. Ao fronte de todos eles estará Frans Brüggen, considerado como un dos expertos máis importantes do mundo na interpretación da música do século XVIII. Naceu en Ámsterdam onde estudou musicoloxía. En 1981, fundou a Orquestra do século XVIII, formada por 60 membros de distintos países, todos expertos en repertorio dos séculos XVIII e XIX e que tocan instrumentos históricos ou copias contemporáneas. Ademais, Brüggen traballou como director coa Orquestra do Concertgebouw, a Orquestra do Século das Luces, a Orquestra Philharmonia de Londres ou a Filarmónica de Israel. |
|||||||||||||||||||||