|
||||||||||||||||||||||
| Español | Galego | English |
|
|||||||||||||||||||||
|
Programación
La orquesta
Descargas
Auditorio de Galicia Avda. Burgo das Nacións, s/n 15705 Santiago de Compostela ![]()
|
Noticias
martes, 07 de septiembre de 2010
A gravación, realizada o pasado mes de outubro e editada por Harmonía Mundi, supón un fito particular na carreira do mestre Ros Marbà, que despois de ser alumno de Toldrá, continuou con él unha profunda relación profesional e de amizade. Efectivamente, Ros Marbà comeza a formarse musicalmente no Conservatorio Superior de Música de Barcelona e estuda dirección de orquestra con Eduard Toldrá en Barcelona, e máis tarde con Sergiu Celebidache na Academia Chiggiana de Siena e Jean Martinon en Düsseldorf, onde obtería o Primeiro Premio de Fin de Curso. Elgiravolt de maig, do compositor, violinista e director de orquestra Eduard Toldrá é unha obra cómica destacada no teatro lírico catalán froito da colaboración en 1927 de Eduard Toldrá (1885-1962) e do poeta diplomático Josep Carner (1884-1970), autor da idea e do libreto. Foi estreada o 27 de outubro de 1928 no Palau da Música Catalana co propio Eduard Toldrá na dirección. A obra, que recupera a vella historia do soño dunha noite de verán, baséase nun texto fino e irónico, cunha lingua chea de matices. |
|||||||||||||||||||||