Español | Galego | English
Calendario de conciertos
    Conciertos didácticos
  Gira
  Conciertos de abono
    Conciertos de cámara
 
Noticias
lunes, 14 junio 2010 La Real Filharmonía de Galicia ofrece un concierto extraordinario sobre la figura del músico Arriola Bajo la batuta de Maximino Zumalave, la orquesta actúa acompañada de los pianistas Víctor y Luis del Valle y Joaquín Soriano. A partir del 1 ...
Ver noticia completa
más noticias


  Programación La orquesta Descargas  

© - Real Filharmonía de Galicia - 2008
Auditorio de Galicia

Avda. Burgo das Nacións, s/n
15705 Santiago de Compostela



Noticias
martes, 07 de septiembre de 2010
Nova gravación dun disco A Real Filharmonía de Galicia está a gravar un disco con pezas de Frederic Mompou

Antes do inicio da temporada de abono no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía está centrada na gravación, xunto coa mezzosoprano Marisa Martins de catro pezas compostas polo compositor catalán Frederic Mompou, falecido hai agora 20 anos. Mompou, un dos grandes descoñecidos da música española, levou unha vida  artística adicada case exclusivamente a obras breves para piano e canción, conformando unha das páxinas máis fermosas da música española. Mompou, que tivo entre os seus colaboradores habituais ao mestre Ros Marbà, estivo vencellado de forma especial a Santiago, debido á súa participación nos cursos de Música en Compostela.

Agora, baixo a dirección de Ros Marbà, Warner Music poñerá en valor toda a calidade artística de Mompou, coa edición deste disco, que inclúe as pezas El Combat del Somni, a Suite Compostela, 5 Poemas sobre textos de Paul Valéry e Cançons i danses. A implicación persoal do mestre Ros Marbà é moi grande, non so polo amizade que o uniu ao compositor catalán, senón tamén por ser o autor dos arranxos ás tres primeiras obras da grabación.

A mezzosoprano hispano-arxentina Marisa Martins é a encargada de poñer voz ás pezas. Foi precisamente a propia viúva de Mompou, Carmen Bravo, recentemente falecida, quen legou ao mestre Ros Marbà unhas cartas nas que manifestaba o seu desexo de que fose Martins quen cantase as composicións do seu marido.

Marisa Martins iniciou os seus estudos en Bos Aires, a súa cidade natal, e continuounos no Conservatorio Superior Municipal de Barcelona, cidade dende a que desenvolve o seu labor artístico. Especialmente interesada na relación voz-movemento, intervén en producións que combinan música e danza contemporánea nos teatros de Basilea, Lucerna, Hebbel-Theater de Berlin, a Ópera de Colonia, Brooklyn Academy of Music de Nova York, Festival de Música Antiga de Innsbruck e colaborou tamén con The Fischhouse en San Francisco. Sente predilección pola música francesa e española o que a levou a estrear obras de compositores cataláns como Montsalvatge, Enric Palomar, David Padrós, Josep M. Mestres Quadreny e Jordi Rossinyol.