Español | Galego | English
Calendario de conciertos
    Conciertos didácticos
  Gira
  Conciertos de abono
    Conciertos de cámara
 
Noticias
lunes, 14 junio 2010 La Real Filharmonía de Galicia ofrece un concierto extraordinario sobre la figura del músico Arriola Bajo la batuta de Maximino Zumalave, la orquesta actúa acompañada de los pianistas Víctor y Luis del Valle y Joaquín Soriano. A partir del 1 ...
Ver noticia completa
más noticias


  Programación La orquesta Descargas  

© - Real Filharmonía de Galicia - 2008
Auditorio de Galicia

Avda. Burgo das Nacións, s/n
15705 Santiago de Compostela



Noticias
martes, 07 de septiembre de 2010
Concerto da Liberdade A Real Filharmonía celebra o Día da Liberdade Prensa cun concerto en Ferrol

Con motivo da terceira edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, a Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto o 2 de maio no Teatro Jofre da cidade de Ferrol, localidade natal do cámara de televisión falecido durante a guerra de Irak, en 2003. Trátase do único concerto que se celebra en España con motivo do día da Liberdade de Prensa e ao que se espera asistan xornalistas de toda a xeografía peninsular. O concerto, dirixido por Maximino Zumalave e con Javier Otero ao piano, inclúe a Impresión nocturna, do compositor coruñés Andrés Gaos, e o Concerto Emperador de Beethoven.

Organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol, o galardón pretende homenaxear a todos aqueles xornalistas que cada ano son asasinados, maltratados ou privados dos seus dereitos como persoas e como informadores. O fallo do premio produciuse o pasado 13 de abril, e recaeu sobre o xornalista norteamericano John Lee Anderson, “polo seu compromiso cos valores democráticos e da dignidade das persoas e dos pobos”.

Jon Lee Anderson, que desenvolve o seu traballo no The New Yorker, ten publicados en España varios libros de lectura obrigada como son Una vida revolucionaria, biografía do Che Guevara, ou o impactante La caída de Bagdad, polo que obtivo o premio Reporteiros do Mundo.

Música para a liberdade
O evento súmase a unha serie de actos organizados na cidade departamental en torno ao 3 de maio, Día da Liberdade de Prensa. Dende o Club de Prensa desta cidade preténdese concienciar á cidadanía da importancia deste dereito fundamental coma alicerce para a construcción de calqueira sociedade democrática.

Dende a Real Filharmonía programouse un repertorio que quere facer a súa pequena homenaxe a esta data, e para iso incluis a Impresión nocturna, de Andrés Gaos, un dos compositores galegos máis sobranceiros. Esta peza, “profunda e enternecedora”, segundo os expertos, reflicte o carácter deste compositor precoz, que xa gañaba aos dez anos un premio como violinista. En 1896 fixou a súa residencia en Bos Aires, onde desenvolveu boa parte da súa obra. En 1917 compuxo Elegía para piano e violín, dedicada ao seu amigo Pau Casals. A súa última actuación na Coruña foi en 1927.
Como compositor, destacan obras como En las montañas de Galicia, Aires gallegos, Impresión nocturna, ou a canción Rosa de Abril, sobre o mesmo poema de Rosalía de Castro


PROGRAMA

Mércores, 2 de maio

Real Filharmonía de Galicia
Maximino Zumalave, director
Javier Otero, piano

Andrés Gaos, Impresión nocturna
L. v. Beethoven, Concerto para piano nº5, op.73 “Emperador”