|
||||||||||||||||||||||
| Español | Galego | English |
|
|||||||||||||||||||||
|
Programación
La orquesta
Descargas
Auditorio de Galicia Avda. Burgo das Nacións, s/n 15705 Santiago de Compostela ![]()
|
Noticias
martes, 07 de septiembre de 2010
Festival de Músicas Contemplativas
Os catro cordas principais da Real Filharmonía de Galicia únense nun cuarteto de corda que participará no Festival de Músicas Contemplativas
James Dalhgren, Grigori Nedobora, Tilmann Kircher e Plamen Velev, forman parte desta nova formación que interpretará As sete últimas palabras de Xesucristo, de Haydn, no serán do Xoves Santo, no marco da Igrexa do colexio das Orfas. O Festival de Músicas Contemplativas, organizado polo Consorcio de Santiago, ideouse como unha forma orixinal de aunar música e patrimonio, nun programa que se desenvolve nos templos relixiosos máis senlleiros da zona vella compostelana Logo de 11 anos, a Real Filharmonía de Galicia preséntase como un proxecto consolidado dentro do panorama musical español. Neste sentido, os seus catro principais de corda (James Dahlgren, concertino; Grigori Nedobora, principal de segundos violines; Tilmann Kircher, viola principal e Plamen Velev, violoncello principal) únense formando un Cuarteto de Cámara para participar no Festival de Músicas Contemplativas que acolle a Semana Santa en Compostela. Deste xeito, este Cuarteto da Real Filharmonía de Galicia, vén sumarse ao proxecto cultural da cidade de Santiago, nunha iniciativa que aúna arquitectura e música, patrimonio espiritual e artístico. A capacidade e a singularidade artística e técnica de todos os músicos da Filharmonía teñen, neste cuarteto, a expresión distinguida e versátil do seu camiño cara a unha maior presenza en Compostela, presentando, como hoxe, proxectos de música de cámara. O programa contará coa voz de Santiago Fernández que actuará como narrador desta obra de Haydn, profunda e cargada dunha forte relixiosidade. Foi composta por encargo do coengo de Cádiz, Don José Sáenz de Santamaría. Haydn compón unha obra fermosa evocadora das últimas frases de Cristo na Cruz, que acompañaban a cada unha das reflexións que facía o bispo na tarde do Venres Santo. Como resultado Haydn elabora unha peza de misticismo evidente, que favorece o acougo espiritual e evoca o seu motivo. Ás palabras de Cristo na cruz, une Haydn unha introdución e unha parte final, que fai alusión ao “Terremoto”, creando así un conxunto completo. O Festival de Músicas Contemplativas desenvolverase do 3 ao 7 de abril nas igrexas da Universidade, Orfas, Ánimas, San Fiz de Solovio, Mercedarias, Orde Terceira de San Francisco e San Agustín. En cada unha delas actuarán, respectivamente, Gabrieli Consort & Players, Ikhwan Al-Hadra, Cuarteto da Real Filharmonía de Galicia, La Grande Chapelle, Ensemble Organum, Ex Cátedra Consort & Continuo, Choir and Studio for spiritual music Melódi e Hesperion XXI. Estes grupos proveñen de puntos tan distantes como Túnez, Francia, Reino Unido ou Belgrado. PROGRAMA F. J. Haydn: “As sete últimas palabras de Cristo”, Op. 51 (Hob. III: 50 - 56) Introdución I. Pai, perdóalles porque non saben o que fan II. En verdade dígoche: hoxe estarás comigo no Paraíso III. Muller, velaí ao teu fillo. Fillo, velaí á túa nai IV. Meu Deus, Meu Deus, ¿por que me abandonaches? V. Teño sede VI. Todo está cumprido VII. Pai, nas túas mans encomendo o meu Espírito O terremoto |
|||||||||||||||||||||